miércoles, 31 de julio de 2013

A Lenda Da Fraga Do Eume

Publicado por Maria Dans en 8:53 0 comentarios
No ano 50 a.C., según contan os vellos sabios, había unha nena chamada Eume que pertencía a unha tribu de galaicos. A Eume lle fascinaba o traballo do seu pai ( xefe dos guerreiros ).

Cando se fixo mayor probou a ver se a admitian no clan dos guerreiros, pero non a deixaron por ser muller, asi  que se lle ocorreu disfrazarse de home. Se presentou e fixo as probas; e as fixo tan ben que pasou a ser xefa. Un día cando loitaron contra os romanos romperonlle o traxe e descubriron que era muller.  Cando volveron, despois de vencer a os romanos, botárona do clan prohibindolle volver a entrar nel.

Un día cando Eume paseaba por unha fraga viu, dende unha montaña, un exército romano e escoitou que iban a montar o seu campamento na fraga que estaba al lado da tribu dos galaicos. Avisou ao seu pobo pero pensaron que o dicía para entrar no clan outra vez. Entón ela soa se preparou, fixo un plan e puxo trampas. Á noite empezou a atacar, foi matando un a un cada romano sixilosamente coma a curuxa na noite. Días máis tarde os galaicos descubriron aos romanos mortos  e déronse conta do que pasou; admitiron a Eume no clan e as demais mulleres que quixeran entrar. 

Púxeron o nome de Eume a esa fraga en honor a esa muller que valentemente matou a un exercito de poderosos romanos e que nin sequera a detivo a súa tribu ao desconfiar dela; e incluso salvoulos aínda que se burlaran dela. 
 

Meridans Template by Ipietoon Blogger Template | Gadget Review